martes, 27 de agosto de 2019

V Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña

Ola amigos:
O vindeiro sábado día 31 de agosto estaremos en Moraña animando a festa que organiza a "Peña Motera Os Keimaos"
Este ano, para celebrar o seu quinto aniversario, terán un evento que non podedes perder... o «1º Dirt Track De Moraña». 
Ademáis da nosa animación con "DJ" na noite do sábado ás 19:00 h tamén poderedes disfrutar co concerto de "Jugones"
Non podedes faltar!!!
Se tedes ganas de disfrutar...animarvos!!!




mércores, 21 de agosto de 2019

Pili Pampín - Urdilde 2019

Ola amigxs!!!
O pasado domingo día 18 de Agosto todos os que estivemos na sesión vermú de Urdilde puidemos disfrutar das actuacións da "Fanfarria Furruxa" así como da gran artista PILI PAMPÍN
Deixámosvos unhas imaxes e un vídeo como mostra do bo ambiente que alí houbo...
E velaquí vai o vídeo...
                         

martes, 13 de agosto de 2019

Urdilde Festas 2019

Moi boas xente!!!
Deixámosvos o cartel das festas de Urdilde deste ano. 
Nós estaremos o sábado día 17 na sesión vermú e na verbena pola noite. 
O DúoTroula amenizará a sesión vermú e a verbena xunto coa discomóvil Troula Disco
Todos a Urdilde!!! 🎶😊😉
Boas orquestras e o domingo estará Pili Pampín na sesión vermú!!!
Non volo podedes perder!!!


sábado, 10 de agosto de 2019

Festas na Luaña, Brión 2019

Ola amigos!!!
O vindeiro domingo 11 de agosto estaremos na Luaña (Brión) onde se celebra unha gran festa na honra de San Xulián, o seu patrón.
Polo día e pola noite o noso fantástico DÚO TROULA amenizará a Festa.
Non volo podedes perder!!! 
Ah! ...E compartimos cartel coa gran orquestra #Finisterre
Vémonos alá...

  


martes, 6 de agosto de 2019

Festas de Santa Filomena de Buño

Ola amigos:
A parroquia de Buño, municipio de Malpica de Bergantiños, celebrará os días 9, 10 e 11 de Agosto a festividade relixiosa en honra a Santa Filomena
Nós estaremos o venres día 9 e amenizaremos a verbena co dúo "SON II"
Deixámosvos o cartel...
Ídesvolo a perder?


venres, 2 de agosto de 2019

XL Festa do Pemento de Arnoia (2019)

Ola amigos:
O vindeiro sábado día 3 de Agosto estaremos na carballeira de A Queixeira en Arnoia, Ourense, onde se celebra a festa dedicada ao seu produto estrela ... o pemento de Arnoia, unha auténtica delicatessen.
 
Quen se anima?...