venres, 21 de decembro de 2018

Bo Nadal amigxs!!!

Ola amigxs!!!
O equipo de TROULA AUDIO deséxavos unhas FELICES FESTAS e un próspero 2019
Un novo ano...365 novas ilusións

mércores, 5 de setembro de 2018

Festas de Setembro: Urdilde, Servia e Ameneiro

Ola, Ola amigos:
Esta semana temos un finde moi trouleiro, ó sábado día 8 estaremos en Urdilde con TROULA- Dúo e TROULA-Disco onde celebran a Natividade de nosa Señora, e faremos dobrete en Servia con TROULA-Disco.
Deixámosvos os carteis...
E o domingo dia 9 estaremos na Romeria do Monte Carmelo en Ameneiro con TROULA- Disco
Así que xa o sabedes...non volo perdades...Esperámosvos






venres, 31 de agosto de 2018

IV Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña

Ola amigxs:
Mañá sábado 1 de Setembro estaremos en Moraña na IV Xuntanza Moteira que organiza a peña "Os Keimados"
Esperámosvos!!!
Animarvos!!!... habrá picada do famoso "Carneiro ó Espeto"



venres, 27 de xullo de 2018

O noso álbum da Festa de Taragoña 2018

Ola amigxs:
Compartimos algunhas imaxes do noso paso pola festa de Taragoña
TROULA Dúo na sesión vermú en Campo de Pazos

TROULA Disco na Festa en Campo Maneiro


Podedes ver máis fotos facendo clic nesta ligazón: "Ver Fotos" 


E deixámosvos o vídeo...que como veredes era de día xa e a xente continuaba con ganas de FESTA!!!

 

martes, 24 de xullo de 2018

Festa da Zorza - Virxe das Dores de Liñaio en Negreira

Amigxs:
O próximo fin de semana tedes unha cita en Liñaio (Negreira) onde se celebra a súa xa tradicional Festa da Zorza o sábado e o domingo gran festa en honra á Virxe das Dores.
Troula Audio estará os dous días o sábado con TROULA Disco e o domingo con TROULA Dúo 
Veña...animarvos!!!
 

martes, 17 de xullo de 2018

Taragoña Festas 2018

Ola ola amigxs:
Este ano repetimos en Taragoña e queremos convidarvos ás festazas que organizou para tal fin a comisión. 
Deixámosvos o cartel
E lembrade que estaremos o venres na sesión vermú con "TROULA Dúo" no xantar popular en Campo de Pazos e o sábado con "TROULA Disco" despois das Orquestras BRUXAS e PRINCIPAL.
Esperámosvos!!!
Troula Dúo

xoves, 12 de xullo de 2018

Festa na Parrillada Miguel da Escabia

Ola amigxs:
O vindeiro sábado 14 de Xullo estaremos na Escabia-Fruime (Lousame) no "Bar Parrillada MIGUEL" animando a Festa con TROULA Dúo.
Tedes churrascada gratis...convídavos María. 
Ídesvolo a perder? 😋😉😂

venres, 6 de xullo de 2018

Troula Disco no remate das Festas de Boiro 2018

Ola boa xente!!!
Mañá sábado día 7 de Xullo ás 22:30 h. estaremos xunto o Grupo M-3 dándolle a despedida ás Festas de Boiro
Non faltedes...esperámosvos a todos!!! 
E ás 00:00 gran tirada de fogos de artificio desde a praia de Barraña.
Ídesvolo a perder?

..É a túa!!! 😉



martes, 3 de xullo de 2018

O noso paso polo San Xoán de Calo

Ola Ola amigxs:
Deixámosvos un vídeo e algunhas imaxes co resúmen do que foi o noso paso pola festa de San Xoán de Calo o pasado 26 de Xuño.

                                                                       















Ver máis Fotos
























































luns, 25 de xuño de 2018

San Xoán de Calo en Teo

Ola amigxs
Mañá martes día 26 de Xuño temos unha cita, estaremos en Calo con TROULA DÚO  amenizando a sesión vermú e con TROULA DISCO acompañando á Orquestra PANORAMA. 
Queremos vervos a todxs...non faltedes!!!

luns, 4 de xuño de 2018

VI Nocturna Correndo por Vigo

Ola, ola amigxs!!!
O próximo 9 de xuño de 2018 repetimos na VI Carreira popular Nocturna Correndo por Vigo. Deixámosvos o cartel 
 Este é o plano do percorrido
E se alguén está interesado en participar podedes atopar máis información nas seguintes ligazóns

xoves, 31 de maio de 2018

Imaxes da Romaría do Soutullo

Ola amigxs!!!
Queremos compartir convosco o noso paso pola Romaría do Soutullo en Quintáns-Urdilde e agradecer á Comisión de Festas de Urdilde que contase connosco. 
Deixámosvos unhas fotos 




Se queredes ver todas as fotos pinchade aquí
Ata a próxima festa!!! 😉




sábado, 19 de maio de 2018

Festa do Soutullo con TROULA Dúo

Ola, ola amigxs!!!
Non vos podedes perder a Romaría do Soutullo que organiza a Comisión de Festas de Urdilde o vindeiro domingo 27 de maio en Quintáns (Urdilde-Rois) e TROULA Dúo fará todo o posible para que disfrutedes e o pasedes ben na "FESTA"

Presentámosvos ás dous integrantes do dúo : Bárbara e Evelyn
¡¡¡Esperámosvos!!!