xoves, 25 de agosto de 2016

II Xuntanza Moteira "Os Keimaos" en Moraña

Ola amigos: 
O vindeiro sábado día 3 de Setembro comeza a segunda edición da Xuntanza Moteira "Os Keimaos" en Moraña, e Troula Audio amenizará a festa ata altas horas da madrugada. 
Deixámosvos o programa completo por se vos animades a acompañarnos.
¡Non Faltedes!

mércores, 17 de agosto de 2016

¡Moitas Grazas!

Un pracer enorme contribuír á celebración da IX Concentración Moteira Ría de Noia, organizada polos Moteiros Ría de Noia o pasado fin de semana.
Moitas grazas á organización polo traballo e o trato que nos destes.
¡Parabéns rapaces!.. ¡¡¡sodes grandes!!!



xoves, 11 de agosto de 2016

IX Concentración Moteira Ría de Noia

Ola amigos:
O pasado venres día 5 de agosto tivo lugar fronte ao concello de Noia a presentación do evento que dará inicio á IX Concentración Moteira Ría de Noia.
TROULA AUDIO estivo a amenizar a presentación e mañá, 12 de agosto e os días seguintes que duren a concentración tentaremos dalo todo para que poidades gozar e o pasedes ben.
Non faltedes...

...¡¡¡Esperámosvos!!!