xoves, 28 de abril de 2016

Nova tempada

Ola amigos:
Pasaron uns meses dende que despedimos a tempada do 2015 coa Xuntanza Moteira en Moaña.

Despois dun longo inverno renovando ilusións, esperanzas e ambicións por unha tempada que está a piques de comezar, TROULA AUDIO ten un obxectivo claro:


¡¡¡OFRECERVOS O MELLOR!!!

Estamos motivados e con enerxía para arrincar a nova tempada coa renovación total do escenario, iluminación e son.


¡¡¡Confía no noso equipo!!!