venres, 17 de xuño de 2016

Noites en Vela

Ola amigos:
Troula Audio colabora este venres, 17 de xuño nas Noites en Vela da Ponte Maceira.
Trátase dunha serie de concertos organizados polos Concellos de Ames e Negreira co fin de amenizar as noites desde máxico lugar polo que discorre o río Tambre.

A través deste evento musical trátase de valorizar o entorno da Ponte Maceira. Durante os concertos apágase o alumeado público e acéndense centos de pequenas velas que se lle dan un encanto especial a este lugar que xa conta cunha beleza singular. O lugar no que se ofrecen os concertos é o entorno da Ponte Vella, a ponte romana que divide os concellos de Ames e Negreira.  

 ¿Ídesvolo a perder?



.



mércores, 15 de xuño de 2016

Festas en Calo

Ola amigos:
Troula convídavos ao "fiestón" que se vai celebrar en Calo este ano por San Xoán.
Deixámosvos o cartel e animámosvos a acompañarnos.




¡¡¡Esperámosvos a todos!!!

mércores, 8 de xuño de 2016

Estreamos equipo

¡Ola amigos!: 
Aquí deixámosvos unha pequeña mostra dos nosos cambios para esta tempada.
Esceario 2016
Dj Jonhi
Speaker Barbara
Troula de noite

¡¡¡Esperámosvos!!!