martes, 29 de setembro de 2015

Gran noite en Moaña

Dá gusto ver ao noso DJ Jonathan gozando cos moteiros
Mirade o vídeo



E ¡Moitas grazas! polo trato que nos deu a organización.
Portáronse moi ben connosco

sábado, 26 de setembro de 2015

Moaña recupera a súa esencia moteira

Hoxe acolle unha "xuntanza" na que se esperan 800 motoristas de toda Galicia.
De madrugada a festa prolongarase coa música do rapero Leö KCh e cos ritmos electrónicos do noso Dj Jonathan
E ti,... vas vir?

Nestes momentos, ás 17:30 temos todo listo para que empece a festa...

Os moteiros van chegando...



venres, 4 de setembro de 2015

Concentración Moteira en Moraña

Sábado 5 de Setembro
Comeza a primeira edición da Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña e TROULA AUDIO será a encargada de amenizar a festa.

Esperamos que o disfrutedes!!!






venres, 7 de agosto de 2015

Festa en Ribasar

O pasado 17 de xullo estivemos en Ribasar compartindo cartel coa xente de Son de SwinUn verdadeiro pracer para nós.

Unha pequena mostra do que foi a festa




Por certo, moi ben polo noso DJ. Johny.  Grazas por brindarnos cada sesión realizada con todo o cariño e a ilusión para facernos bailar e gozar.
Johny...GRANDEEEEE!! Ese DJ!!

xoves, 6 de agosto de 2015

Fin de semana TROULEIRO

Ola amigos
Esperámosvos a todos mañá venres en Fontefría e o sábado non vos podedes perder a festa do emigrante en Bembibre
Ídesvolo perder?


martes, 28 de xullo de 2015

Novo Equipo de TROULA

Ola amigos
Estes últimos meses estivemos moi ocupados preparando e poñendo a punto o novo equipo de TROULA.
Como vedes é moito máis grande, e temos novo sistema de luz e son para ofrecervos un mellor servizo de calidade e profesional.

Por San Xoan a sardiña molla o pan e Troula Audio estivo cos veciños de Calo gozando dunha noite meiga

 

E tamén estreamos Nova Tarxeta
Gústavos?


xoves, 16 de abril de 2015

1ª Motofesta "OS VENDIDOS"

O vindeiro 25 de Abril TROULA-AUDIO estará na 1ª MOTOFESTA OS VENDIDOS

E TI...VAS VIR?

Cea-Baile na Casa Benjamín


Sábado 11 de Abril
Cea Baile na Casa Benjamín Vilachán





Troula audio 
Bo ambiente e música a cargo de TROULA AUDIO co noso DJ JONATHAN
A cea foi moi animada, con moita música e xente con ganas de pasalo ben.



Monólogos de Humor en Rois

Venres 10 de abril
O concello de Rois dinamiza a hostalaría

Troula-Audio estivo presente en Casa Benjamín Vilachán o pasado venres dando son ao evento do monologista Fredi Cruxer.

Fredi Cruxer deuse a coñecer da man de JRGayoso no programa LUAR da TVG. Tamén realizou numerosas colaboracións desinteresadas e altruístas en varias e distintas ocasións con asociacións e organizacións benéficas.


Fredi Cruxer recolle anacos da vida, súa e de calquera persoa, convérteos en MONÓLOGOS e dálle o seu particular toque irónico e de humor para que a xente lle poña un sorriso aos problemas e á propia vida.





Fredi Cruxer di: Por favor...! Sorrí sempre aínda que o teu sorriso sexa triste, porque máis triste que un sorriso triste é a tristura de non saber sorrir.


E ademáis...sesión de KARAOKE con TROULA-AUDIO



venres, 6 de marzo de 2015

1ª Quedada moteira

Amig@s

O próximo domingo día 8 de marzo estaremos en Vilachán onde se celebrará a primeira quedada moteira.


Ídesvolo perder?


sábado, 21 de febreiro de 2015

venres, 20 de febreiro de 2015

San Xoan de Calo

Mañá estaremos en Calo na Festa de ENTROIDO 2015
Esperámosvos...



Luns de Entroido

Imaxes e video do Luns de Entroido en Urdilde
Deixámovos hoxe unhas imaxes e un video do que foi o Luns de Entroido no campo da festa en Urdilde.

Como vedes, e a pesar do mal tempo os moz@s ateigaron o campo con ansias enormes de pasalo ben.

Actuación do grupo SON DE SWIN








Actuación da orquestra OLYMPUS


















E a nosa actuación...
IMAXES de Disco TROULA



 VIDEO de Disco TROULA

  


luns, 16 de febreiro de 2015

Entroido 2015

Hoxe en Urdilde celébrase o Luns de Entroido, e DISCO TROULA AUDIO compartirá esta gran noite coa orquestra OLYMPUS de Negreira e co grupo SON DE SWIN de Padrón





                                                                                       
Agardámosvos a todos!!!!


sábado, 14 de febreiro de 2015

Troula deséxavos un feliz día de San Valentín


                                                                                           
Hoxe estaremos no Fogar do Selmo onde poderedes disfrutar dunha marabillosa cea romántica. 


Fai que sexa especial. Da música encargámonos nós.



¡Benvidos!

Xa estamos preparados e motivados para empezar...

Troula audio pon á túa disposición múltiples servizos de sonorización, iluminación e amenización de calquera tipo de evento.

Confía en Troula Audio e marca a diferenza nos teus eventos