xoves, 16 de abril de 2015

1ª Motofesta "OS VENDIDOS"

O vindeiro 25 de Abril TROULA-AUDIO estará na 1ª MOTOFESTA OS VENDIDOS

E TI...VAS VIR?

Cea-Baile na Casa Benjamín


Sábado 11 de Abril
Cea Baile na Casa Benjamín Vilachán





Troula audio 
Bo ambiente e música a cargo de TROULA AUDIO co noso DJ JONATHAN
A cea foi moi animada, con moita música e xente con ganas de pasalo ben.



Monólogos de Humor en Rois

Venres 10 de abril
O concello de Rois dinamiza a hostalaría

Troula-Audio estivo presente en Casa Benjamín Vilachán o pasado venres dando son ao evento do monologista Fredi Cruxer.

Fredi Cruxer deuse a coñecer da man de JRGayoso no programa LUAR da TVG. Tamén realizou numerosas colaboracións desinteresadas e altruístas en varias e distintas ocasións con asociacións e organizacións benéficas.


Fredi Cruxer recolle anacos da vida, súa e de calquera persoa, convérteos en MONÓLOGOS e dálle o seu particular toque irónico e de humor para que a xente lle poña un sorriso aos problemas e á propia vida.





Fredi Cruxer di: Por favor...! Sorrí sempre aínda que o teu sorriso sexa triste, porque máis triste que un sorriso triste é a tristura de non saber sorrir.


E ademáis...sesión de KARAOKE con TROULA-AUDIO