venres, 27 de xullo de 2018

O noso álbum da Festa de Taragoña 2018

Ola amigxs:
Compartimos algunhas imaxes do noso paso pola festa de Taragoña
TROULA Dúo na sesión vermú en Campo de Pazos

TROULA Disco na Festa en Campo Maneiro


Podedes ver máis fotos facendo clic nesta ligazón: "Ver Fotos" 


E deixámosvos o vídeo...que como veredes era de día xa e a xente continuaba con ganas de FESTA!!!

 

martes, 24 de xullo de 2018

Festa da Zorza - Virxe das Dores de Liñaio en Negreira

Amigxs:
O próximo fin de semana tedes unha cita en Liñaio (Negreira) onde se celebra a súa xa tradicional Festa da Zorza o sábado e o domingo gran festa en honra á Virxe das Dores.
Troula Audio estará os dous días o sábado con TROULA Disco e o domingo con TROULA Dúo 
Veña...animarvos!!!
 

martes, 17 de xullo de 2018

Taragoña Festas 2018

Ola ola amigxs:
Este ano repetimos en Taragoña e queremos convidarvos ás festazas que organizou para tal fin a comisión. 
Deixámosvos o cartel
E lembrade que estaremos o venres na sesión vermú con "TROULA Dúo" no xantar popular en Campo de Pazos e o sábado con "TROULA Disco" despois das Orquestras BRUXAS e PRINCIPAL.
Esperámosvos!!!
Troula Dúo

xoves, 12 de xullo de 2018

Festa na Parrillada Miguel da Escabia

Ola amigxs:
O vindeiro sábado 14 de Xullo estaremos na Escabia-Fruime (Lousame) no "Bar Parrillada MIGUEL" animando a Festa con TROULA Dúo.
Tedes churrascada gratis...convídavos María. 
Ídesvolo a perder? 😋😉😂

venres, 6 de xullo de 2018

Troula Disco no remate das Festas de Boiro 2018

Ola boa xente!!!
Mañá sábado día 7 de Xullo ás 22:30 h. estaremos xunto o Grupo M-3 dándolle a despedida ás Festas de Boiro
Non faltedes...esperámosvos a todos!!! 
E ás 00:00 gran tirada de fogos de artificio desde a praia de Barraña.
Ídesvolo a perder?

..É a túa!!! 😉



martes, 3 de xullo de 2018

O noso paso polo San Xoán de Calo

Ola Ola amigxs:
Deixámosvos un vídeo e algunhas imaxes co resúmen do que foi o noso paso pola festa de San Xoán de Calo o pasado 26 de Xuño.

                                                                       















Ver máis Fotos