mércores, 21 de xuño de 2017

San Xoán de Calo en Teo

Ola festeiros:

Este fin de semana comezan as celebracións dos festexos na honra de San Xoán cunha gran sardiñada que terá lugar ás 22.30 horas e na que se poderán degustar sardiñas acompañadas de viño. Ás 00.00 horas comezará a cacharela de San Xoán e a queima da cabra vella.
Ás 00.15 horas dará inicio a actuación de Festicultores e a continuación a animación musical proseguirá coa nosa discoteca móbil Troula Audio.

E o luns pola noite, a partir das 23.00 horas, a Orquestra Jerusalén e a discoteca móbil TROULA deleitarán coa súa música aos asistentes á verbena fin de festa.
 
Mirade o cartel
 Veña...animarvos e vide pasalo ben!!!
 

xoves, 15 de xuño de 2017

V Nocturna Correndo por Vigo

V Nocturna Correndo por Vigo
Carreiras hai moitas...experiencias como a NOCTURNA DE VIGO, poucas
¡¡¡Graciñas por contar connosco un ano máis!!!

Compartimos con todos vós as fotos dos nosos amigos e grandes profesionais Difusion ProSport e felicitámolos polo seu bo traballo.



 Alfonso Misterrrombo o Dj. de Tarragona

 ¡¡¡Noraboa a tod@s!!!