Amosando publicacións coa etiqueta Son. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Son. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de febreiro de 2018

Entroido na Baña 2018

Ola Ola amigos!!!
Este sábado 17 de febreiro estaremos na Baña. Animádevos e vinde ver o desfile de Carrozas e Comparsas.
Agardámosvos!!!


martes, 6 de febreiro de 2018

Entroido 2018 en Negreira




Ola amigos:
O sábado 10 de Febreiro non vos podedes perder o gran desfile de carrozas e comparsas que arrancará ás cinco da tarde dende o Campo da Feria para percorrer as principais ruas de Negreira, rematando diante da Casa do Concello, onde ás seis da tarde terá lugar a lectura do pregón a cargo de Pepo Suevos.
Nós alí estaremos...e vós?
Pepo Suevos

¡¡¡Feliz Entroido!!!

luns, 5 de febreiro de 2018

VII Gala do Deporte en Negreira

"O esforzo ten premio"
O venres 2 de febreiro as 21:00h. o equipo de TROULA AUDIO colaborou na  "VII Gala do Deporte" no Auditorio Sociocultural de Negreira.
Premiouse o recoñecemento aos méritos deportivos de moitas persoas e houbo tamén exhibicións e actuacións musicais.
 Deixámosvos algunhas fotos do evento




 

mércores, 3 de maio de 2017

II Concentración Moteira de Cuntis

Ola xente
A peña moteira PINOTES RACING organiza a II Concentración Moteira de Cuntis este fin de semana e nós estaremos a amenizar a festa.
Animarvos e vir gozar do bo ambiente moteiro que vos espera nesta localidade termal.



xoves, 16 de marzo de 2017

Día da Festa do Cocido de Porco Celta en Urdilde

Ola boa xente
A primeira edición da Festa do Cocido de Porco Celta en Urdilde organizada por FOGAR DO SELMO logrou reunir a preto de 300 persoas e foi todo un éxito.
Numerosas persoas déronse cita para degustar este delicioso manxar.
Deixámosvos unha pequena mostra do que foi a festa.   


   









martes, 7 de febreiro de 2017

Crónica da Cabalgata de Reis

Xoves 5 de Xaneiro 2017
 
Os Reis Meigos de Oriente visitaron neste día a cidade de Negreira. Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron desde primeiras horas da tarde as rúas da vila. Ás 18.00 horas tivo lugar no balcón da Casa Consistorial a recepción das súas Maxestades e a partir das 19.00 horas os monarcas repartiron no Pavillón do CEIP "O Coto" agasallos entre os máis pequenos, e TROULA AUDIO estivo presente coas luces e a música.

Ver Fotos
 
¡¡¡Desexamos que se portasen ben con todos vós!!!














venres, 17 de xuño de 2016

Noites en Vela

Ola amigos:
Troula Audio colabora este venres, 17 de xuño nas Noites en Vela da Ponte Maceira.
Trátase dunha serie de concertos organizados polos Concellos de Ames e Negreira co fin de amenizar as noites desde máxico lugar polo que discorre o río Tambre.

A través deste evento musical trátase de valorizar o entorno da Ponte Maceira. Durante os concertos apágase o alumeado público e acéndense centos de pequenas velas que se lle dan un encanto especial a este lugar que xa conta cunha beleza singular. O lugar no que se ofrecen os concertos é o entorno da Ponte Vella, a ponte romana que divide os concellos de Ames e Negreira.  

 ¿Ídesvolo a perder?



.