Amosando publicacións coa etiqueta Iluminación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Iluminación. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de febreiro de 2017

Crónica da Cabalgata de Reis

Xoves 5 de Xaneiro 2017
 
Os Reis Meigos de Oriente visitaron neste día a cidade de Negreira. Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron desde primeiras horas da tarde as rúas da vila. Ás 18.00 horas tivo lugar no balcón da Casa Consistorial a recepción das súas Maxestades e a partir das 19.00 horas os monarcas repartiron no Pavillón do CEIP "O Coto" agasallos entre os máis pequenos, e TROULA AUDIO estivo presente coas luces e a música.

Ver Fotos
 
¡¡¡Desexamos que se portasen ben con todos vós!!!














venres, 17 de xuño de 2016

Noites en Vela

Ola amigos:
Troula Audio colabora este venres, 17 de xuño nas Noites en Vela da Ponte Maceira.
Trátase dunha serie de concertos organizados polos Concellos de Ames e Negreira co fin de amenizar as noites desde máxico lugar polo que discorre o río Tambre.

A través deste evento musical trátase de valorizar o entorno da Ponte Maceira. Durante os concertos apágase o alumeado público e acéndense centos de pequenas velas que se lle dan un encanto especial a este lugar que xa conta cunha beleza singular. O lugar no que se ofrecen os concertos é o entorno da Ponte Vella, a ponte romana que divide os concellos de Ames e Negreira.  

 ¿Ídesvolo a perder?



.



sábado, 14 de febreiro de 2015

¡Benvidos!

Xa estamos preparados e motivados para empezar...

Troula audio pon á túa disposición múltiples servizos de sonorización, iluminación e amenización de calquera tipo de evento.

Confía en Troula Audio e marca a diferenza nos teus eventos