Troula Audio colabora este venres, 17 de xuño nas Noites en Vela da Ponte Maceira.
Trátase dunha serie de concertos organizados polos Concellos de Ames e Negreira co fin de amenizar as noites desde máxico lugar polo que discorre o río Tambre.
A
través deste evento musical trátase de valorizar o entorno da Ponte Maceira.
Durante os concertos apágase o alumeado público e acéndense centos de pequenas velas
que se lle dan un encanto especial a este lugar que xa conta cunha beleza
singular. O lugar no que se ofrecen os concertos é o entorno da Ponte Vella, a
ponte romana que divide os concellos de Ames e Negreira.
.