mércores, 19 de xuño de 2019

San Xoán de Calo-Teo 2019

Ola amigos!!!
O vindeiro domingo día 23 de Xuño estaremos en Calo, Teo celebrando o San Xoán co DÚO TROULA e a DISCOMOVIL TROULA.
Ás 21:30 horas dará inicio a sardiñada gratuíta e terá lugar unha tirada de fogos artificiais. 
Ás 00:00 horas procederase á queima da Cabra Vella que dará paso á nosa actuación.
Non volo perdades!!!

xoves, 6 de xuño de 2019

VII Nocturna Correndo por Vigo

Ola amigos!!!
O próximo sábado 8 de Xuño estaremos na VII Nocturna Correndo por Vigo - As Travesas... ¡¡¡A Carreira dos Valentes!!!
Carreira pertencente ao Circuito de carreiras RunRunVigo.
5 km. e 10 km. e carreiras de niñ@s 
A saída da carreira tanto para a distancia de 10km como a de 5km será conxunta, homes e mulleres comezando ás 22:00 h. na avenida da Florida á altura do Mercado das Travesas. 
Deixámosvos o cartel

sábado, 11 de maio de 2019

O noso paso pola IV Concentración Moteira en Cuntis

Ola amigxs:
Deixámosvos unha pequena mostra do noso paso pola IV Concentración Moteira Pinotes Racing cebrebrada o pasado día 4 de maio en Cuntis.
O noso agradecemento á organización por contar connosco un ano máis.
Foi un verdadeiro pracer!!!
Vémonos...
 
 
 
  

 Podedes ver máis fotos clicando "aquí" 


 


mércores, 1 de maio de 2019

IV Concentración Moteira Pinotes Racing

Ola amigxs!!!
O próximo sábado día 4 de Maio estaremos en Cuntis coa peña moteira Pinotes Racing que este ano organiza a súa IV Concentración para os amantes das dúas rodas.
Deixámosvos o cartel con toda a información por si vos queredes achegar á festa.
 Ídesvola a perder?

Vémonos en Cuntis!!!

 

mércores, 6 de marzo de 2019

Entroido na Baña 2019

Ola amigxs:
O sábado, día 9 de marzo de 2019 ás 17:00 horas, terá lugar o desfile de comparsas e carrozas do Entroido do Concello da Baña.
Animarvos e vide gozar do entroido.
 

mércores, 27 de febreiro de 2019

Entroido Negreira 2019

Ola amigxs!!!
Un ano máis estaremos nun dos mellores entroidos da provincia, o "ENTROIDO de NEGREIRA" que se celebrará o próximo sábado día 2 de marzo.
O actor Luis Zahera será o encargado de ler o pregón desde a casa Consistorial e repartiranse 5.000€ en premios no Gran desfile de Carrozas e Comparsas.
O Grupo Ciclón amenizará a Festa despois da entrega de premios na Praza do Concello.
Amigxs....esperámosvos o sábado a partir das 5 da tarde
Non faltedes!!! 




venres, 21 de decembro de 2018

Bo Nadal amigxs!!!

Ola amigxs!!!
O equipo de TROULA AUDIO deséxavos unhas FELICES FESTAS e un próspero 2019
Un novo ano...365 novas ilusións