Amosando publicacións coa etiqueta Negreira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Negreira. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de febreiro de 2020

Entroido 2020 en Negreira

Ola amigxs:
O vindeiro sábado día 22 de Febreiro estaremos no "Gran Desfile de Carrozas e Comparsas" en Negreira, que percorrerá as principais rúas da vila desde o Campo da Feira ata a praza do Concello. 
Dará comezo ás 17.00 horas e recomendámosvos non perdelo...
 
Finalizado o desfile o grupo Atenas amenizará a verbena. 


 Esperámosvos!!!
"F E L I Z"  E N T R O I D O !!!


mércores, 20 de novembro de 2019

Festa dos anos 80 en Negreira

Ola amigxs!!!
Este sábado agardámosvos na festa dos 80 que se celebrará en Negreira. Haberá DJ, música en directo, xogos para nenos, magosto popular, playbacks e moitas ganas de pasalo ben...
Tedes que animarvos e vir caracterizados. 
Esperámosvos!!!

mércores, 27 de febreiro de 2019

Entroido Negreira 2019

Ola amigxs!!!
Un ano máis estaremos nun dos mellores entroidos da provincia, o "ENTROIDO de NEGREIRA" que se celebrará o próximo sábado día 2 de marzo.
O actor Luis Zahera será o encargado de ler o pregón desde a casa Consistorial e repartiranse 5.000€ en premios no Gran desfile de Carrozas e Comparsas.
O Grupo Ciclón amenizará a Festa despois da entrega de premios na Praza do Concello.
Amigxs....esperámosvos o sábado a partir das 5 da tarde
Non faltedes!!! 




martes, 24 de xullo de 2018

Festa da Zorza - Virxe das Dores de Liñaio en Negreira

Amigxs:
O próximo fin de semana tedes unha cita en Liñaio (Negreira) onde se celebra a súa xa tradicional Festa da Zorza o sábado e o domingo gran festa en honra á Virxe das Dores.
Troula Audio estará os dous días o sábado con TROULA Disco e o domingo con TROULA Dúo 
Veña...animarvos!!!