Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de xuño de 2019

San Xoán de Calo-Teo 2019

Ola amigos!!!
O vindeiro domingo día 23 de Xuño estaremos en Calo, Teo celebrando o San Xoán co DÚO TROULA e a DISCOMOVIL TROULA.
Ás 21:30 horas dará inicio a sardiñada gratuíta e terá lugar unha tirada de fogos artificiais. 
Ás 00:00 horas procederase á queima da Cabra Vella que dará paso á nosa actuación.
Non volo perdades!!!

mércores, 21 de xuño de 2017

San Xoán de Calo en Teo

Ola festeiros:

Este fin de semana comezan as celebracións dos festexos na honra de San Xoán cunha gran sardiñada que terá lugar ás 22.30 horas e na que se poderán degustar sardiñas acompañadas de viño. Ás 00.00 horas comezará a cacharela de San Xoán e a queima da cabra vella.
Ás 00.15 horas dará inicio a actuación de Festicultores e a continuación a animación musical proseguirá coa nosa discoteca móbil Troula Audio.

E o luns pola noite, a partir das 23.00 horas, a Orquestra Jerusalén e a discoteca móbil TROULA deleitarán coa súa música aos asistentes á verbena fin de festa.
 
Mirade o cartel
 Veña...animarvos e vide pasalo ben!!!
 

mércores, 15 de xuño de 2016

Festas en Calo

Ola amigos:
Troula convídavos ao "fiestón" que se vai celebrar en Calo este ano por San Xoán.
Deixámosvos o cartel e animámosvos a acompañarnos.




¡¡¡Esperámosvos a todos!!!