luns, 28 de agosto de 2017

III Xuntanza Motera OS KEIMAOS!!!

Ola, ola....amigos
Este finde tedes festa en Moraña (Pontevedra). Os nosos amigos da Peña Motera Os Keimaos convídanvos a sua Xuntanxa que será os días 1, 2 y 3 de Septiembre e nós estaremos a amenizar o evento.

Se estades interesados tedes máis información aquí:
Ver Máis

Estades convidados...non faltedes!!!





xoves, 20 de xullo de 2017

Festas de Taragoña 2017

Amig@s:
Vide todos a desfrutar do verán coas Festas de Taragoña.
Mirade o cartel. Nós estaremos na noite do sábado día 22. Non podedes quedar na casa.
Xa o sabedes... anotade na vosa axenda que toca pasar por Campo Maneiro para bailar e pasalo ben.

martes, 11 de xullo de 2017

Festa do Carme 2017

Ami@s:
Este fin de semana celébranse as festas con máis tradición mariñeira, as Festas do Carme.
A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
E nos estaremos en Cabo da Cruz o sábado 15 e o domingo 16 compartindo cartel coas oquestras Los Satélites e o Grupo Alkar.
Non faltedes!!!
E ti ...vas vir?

mércores, 21 de xuño de 2017

San Xoán de Calo en Teo

Ola festeiros:

Este fin de semana comezan as celebracións dos festexos na honra de San Xoán cunha gran sardiñada que terá lugar ás 22.30 horas e na que se poderán degustar sardiñas acompañadas de viño. Ás 00.00 horas comezará a cacharela de San Xoán e a queima da cabra vella.
Ás 00.15 horas dará inicio a actuación de Festicultores e a continuación a animación musical proseguirá coa nosa discoteca móbil Troula Audio.

E o luns pola noite, a partir das 23.00 horas, a Orquestra Jerusalén e a discoteca móbil TROULA deleitarán coa súa música aos asistentes á verbena fin de festa.
 
Mirade o cartel
 Veña...animarvos e vide pasalo ben!!!
 

xoves, 15 de xuño de 2017

V Nocturna Correndo por Vigo

V Nocturna Correndo por Vigo
Carreiras hai moitas...experiencias como a NOCTURNA DE VIGO, poucas
¡¡¡Graciñas por contar connosco un ano máis!!!

Compartimos con todos vós as fotos dos nosos amigos e grandes profesionais Difusion ProSport e felicitámolos polo seu bo traballo.



 Alfonso Misterrrombo o Dj. de Tarragona

 ¡¡¡Noraboa a tod@s!!!



xoves, 18 de maio de 2017

Novos carteis promocionais tempada 2017

Ola boa xente!
Queremos mostrarvos os novos deseños promocionais onde atoparedes a nosa información de contacto así como unha referencia aos servizos que prestamos
Esperamos que vos gusten...


 A que esperades?...Podedes pedirnos presuposto sen compromiso!!!

mércores, 3 de maio de 2017

II Concentración Moteira de Cuntis

Ola xente
A peña moteira PINOTES RACING organiza a II Concentración Moteira de Cuntis este fin de semana e nós estaremos a amenizar a festa.
Animarvos e vir gozar do bo ambiente moteiro que vos espera nesta localidade termal.