martes, 7 de febreiro de 2017

6ª Gala do Deporte

Amig@s:
O pasado 3 de Febreiro celebrouse no Auditorio do Centro Sociocultural do Concello de Negreira e por sexto ano consecutivo a súa "Gala do Deporte".
Foron moitos os premios e os recoñecementos aos méritos deportivos ademáis das actuacións musicais e exhibicións.
Deixámosvos o cartel do evento e as nosas fotos da gala.

 

Crónica da Cabalgata de Reis

Xoves 5 de Xaneiro 2017
 
Os Reis Meigos de Oriente visitaron neste día a cidade de Negreira. Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron desde primeiras horas da tarde as rúas da vila. Ás 18.00 horas tivo lugar no balcón da Casa Consistorial a recepción das súas Maxestades e a partir das 19.00 horas os monarcas repartiron no Pavillón do CEIP "O Coto" agasallos entre os máis pequenos, e TROULA AUDIO estivo presente coas luces e a música.

Ver Fotos
 
¡¡¡Desexamos que se portasen ben con todos vós!!!














xoves, 29 de decembro de 2016

Felices Festas!!!

Amigos!
Estamos agradecidos de contar un ano máis coa vosa confianza e desexamos que teñades un ano novo cheo de alegría, saúde e prosperidade.









































































mércores, 21 de setembro de 2016

III Xuntanza Moteira en Moaña

Bo día amigos:
A peña moteira Os Mata Pardales organiza para os días 24 e 25 de Setembro a III Xuntanza Moteira en Moaña e Troula Audio, como xa o fixemos o ano pasado, darémolo todo para amenizar a festa.
¡¡¡Estades todos convidados!!!
Deixámosvos o cartel co programa 


 

xoves, 25 de agosto de 2016

II Xuntanza Moteira "Os Keimaos" en Moraña

Ola amigos: 
O vindeiro sábado día 3 de Setembro comeza a segunda edición da Xuntanza Moteira "Os Keimaos" en Moraña, e Troula Audio amenizará a festa ata altas horas da madrugada. 
Deixámosvos o programa completo por se vos animades a acompañarnos.
¡Non Faltedes!

mércores, 17 de agosto de 2016

¡Moitas Grazas!

Un pracer enorme contribuír á celebración da IX Concentración Moteira Ría de Noia, organizada polos Moteiros Ría de Noia o pasado fin de semana.
Moitas grazas á organización polo traballo e o trato que nos destes.
¡Parabéns rapaces!.. ¡¡¡sodes grandes!!!



xoves, 11 de agosto de 2016

IX Concentración Moteira Ría de Noia

Ola amigos:
O pasado venres día 5 de agosto tivo lugar fronte ao concello de Noia a presentación do evento que dará inicio á IX Concentración Moteira Ría de Noia.
TROULA AUDIO estivo a amenizar a presentación e mañá, 12 de agosto e os días seguintes que duren a concentración tentaremos dalo todo para que poidades gozar e o pasedes ben.
Non faltedes...

...¡¡¡Esperámosvos!!!