xoves, 18 de maio de 2017

Novos carteis promocionais tempada 2017

Ola boa xente!
Queremos mostrarvos os novos deseños promocionais onde atoparedes a nosa información de contacto así como unha referencia aos servizos que prestamos
Esperamos que vos gusten...


 A que esperades?...Podedes pedirnos presuposto sen compromiso!!!

mércores, 3 de maio de 2017

II Concentración Moteira de Cuntis

Ola xente
A peña moteira PINOTES RACING organiza a II Concentración Moteira de Cuntis este fin de semana e nós estaremos a amenizar a festa.
Animarvos e vir gozar do bo ambiente moteiro que vos espera nesta localidade termal.



xoves, 16 de marzo de 2017

Día da Festa do Cocido de Porco Celta en Urdilde

Ola boa xente
A primeira edición da Festa do Cocido de Porco Celta en Urdilde organizada por FOGAR DO SELMO logrou reunir a preto de 300 persoas e foi todo un éxito.
Numerosas persoas déronse cita para degustar este delicioso manxar.
Deixámosvos unha pequena mostra do que foi a festa.   


   









luns, 13 de marzo de 2017

Troula na Festa da Filloa da Pedra - A Baña 2017

A exaltación da Filloa da Pedra reuniu onte na Baña a miles de visitantes, que deron conta no pavillón de San Vicente de máis de 5.000 pezas cociñadas en 33 pedras filloeiras.

O noso agradecemento ao Concello da Baña por contar connosco para este evento.
 




luns, 6 de marzo de 2017

"I Festa do Cocido Celta"

Amig@s:

O vindeiro domingo día 12 de Marzo "FOGAR DO SELMO" celebrará en Urdilde-Rois a primeira edición da Festa do Cocido Celta.
"Troula Audio" e a agrupación musical "Tíralle do Aire",de Negreira, estaremos a amenizar o evento.
Non volo perdades!!!... 



 Esperámosvos!!!

https://www.facebook.com/troula.audio/?fref=ts

martes, 7 de febreiro de 2017

6ª Gala do Deporte

Amig@s:
O pasado 3 de Febreiro celebrouse no Auditorio do Centro Sociocultural do Concello de Negreira e por sexto ano consecutivo a súa "Gala do Deporte".
Foron moitos os premios e os recoñecementos aos méritos deportivos ademáis das actuacións musicais e exhibicións.
Deixámosvos o cartel do evento e as nosas fotos da gala.

 

Crónica da Cabalgata de Reis

Xoves 5 de Xaneiro 2017
 
Os Reis Meigos de Oriente visitaron neste día a cidade de Negreira. Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron desde primeiras horas da tarde as rúas da vila. Ás 18.00 horas tivo lugar no balcón da Casa Consistorial a recepción das súas Maxestades e a partir das 19.00 horas os monarcas repartiron no Pavillón do CEIP "O Coto" agasallos entre os máis pequenos, e TROULA AUDIO estivo presente coas luces e a música.

Ver Fotos
 
¡¡¡Desexamos que se portasen ben con todos vós!!!