sábado, 11 de maio de 2019

O noso paso pola IV Concentración Moteira en Cuntis

Ola amigxs:
Deixámosvos unha pequena mostra do noso paso pola IV Concentración Moteira Pinotes Racing cebrebrada o pasado día 4 de maio en Cuntis.
O noso agradecemento á organización por contar connosco un ano máis.
Foi un verdadeiro pracer!!!
Vémonos...
 
 
 
  

 Podedes ver máis fotos clicando "aquí" 


 


mércores, 1 de maio de 2019

IV Concentración Moteira Pinotes Racing

Ola amigxs!!!
O próximo sábado día 4 de Maio estaremos en Cuntis coa peña moteira Pinotes Racing que este ano organiza a súa IV Concentración para os amantes das dúas rodas.
Deixámosvos o cartel con toda a información por si vos queredes achegar á festa.
 Ídesvola a perder?

Vémonos en Cuntis!!!

 

mércores, 6 de marzo de 2019

Entroido na Baña 2019

Ola amigxs:
O sábado, día 9 de marzo de 2019 ás 17:00 horas, terá lugar o desfile de comparsas e carrozas do Entroido do Concello da Baña.
Animarvos e vide gozar do entroido.
 

mércores, 27 de febreiro de 2019

Entroido Negreira 2019

Ola amigxs!!!
Un ano máis estaremos nun dos mellores entroidos da provincia, o "ENTROIDO de NEGREIRA" que se celebrará o próximo sábado día 2 de marzo.
O actor Luis Zahera será o encargado de ler o pregón desde a casa Consistorial e repartiranse 5.000€ en premios no Gran desfile de Carrozas e Comparsas.
O Grupo Ciclón amenizará a Festa despois da entrega de premios na Praza do Concello.
Amigxs....esperámosvos o sábado a partir das 5 da tarde
Non faltedes!!! 




venres, 21 de decembro de 2018

Bo Nadal amigxs!!!

Ola amigxs!!!
O equipo de TROULA AUDIO deséxavos unhas FELICES FESTAS e un próspero 2019
Un novo ano...365 novas ilusións

mércores, 5 de setembro de 2018

Festas de Setembro: Urdilde, Servia e Ameneiro

Ola, Ola amigos:
Esta semana temos un finde moi trouleiro, ó sábado día 8 estaremos en Urdilde con TROULA- Dúo e TROULA-Disco onde celebran a Natividade de nosa Señora, e faremos dobrete en Servia con TROULA-Disco.
Deixámosvos os carteis...
E o domingo dia 9 estaremos na Romeria do Monte Carmelo en Ameneiro con TROULA- Disco
Así que xa o sabedes...non volo perdades...Esperámosvos






venres, 31 de agosto de 2018

IV Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña

Ola amigxs:
Mañá sábado 1 de Setembro estaremos en Moraña na IV Xuntanza Moteira que organiza a peña "Os Keimados"
Esperámosvos!!!
Animarvos!!!... habrá picada do famoso "Carneiro ó Espeto"