Mañá martes día 26 de Xuño temos unha cita, estaremos en Calo con TROULA DÚO amenizando a sesión vermú e con TROULA DISCOacompañando á Orquestra PANORAMA. Queremos vervos a todxs...non faltedes!!!
Non vos podedes perder a Romaría do Soutullo que organiza a Comisión de Festas de Urdilde o vindeiro domingo 27 de maio en Quintáns (Urdilde-Rois) e TROULA Dúo fará todo o posible para que disfrutedes e o pasedes ben na "FESTA"
Presentámosvos ás dous integrantes do dúo : Bárbara e Evelyn
Deixámosvos unhas fotos da que foi a III Concentración Moteira de Cuntis que a peña Pinotes Racing organizou o pasado fin de semana e que contou coa participación de moitos moteiros.
Bo tempo, e ganas de pasalo ben...
O noso agradecemento a Pablo Durán, presidente dos Pinotes e a toda a súa peña por volver contar connosco...¡GRACIÑAS!
Cuntis recibirá este fin de semana a centos de afeccionados ás dúas
rodas na III edición da Concentración Moteira que organiza a Peña Pinotes Racing e nós estaremos a amenizar a Festa.