martes, 28 de xullo de 2015

Novo Equipo de TROULA

Ola amigos
Estes últimos meses estivemos moi ocupados preparando e poñendo a punto o novo equipo de TROULA.
Como vedes é moito máis grande, e temos novo sistema de luz e son para ofrecervos un mellor servizo de calidade e profesional.

Por San Xoan a sardiña molla o pan e Troula Audio estivo cos veciños de Calo gozando dunha noite meiga

 

E tamén estreamos Nova Tarxeta
Gústavos?


xoves, 16 de abril de 2015

1ª Motofesta "OS VENDIDOS"

O vindeiro 25 de Abril TROULA-AUDIO estará na 1ª MOTOFESTA OS VENDIDOS

E TI...VAS VIR?

Cea-Baile na Casa Benjamín


Sábado 11 de Abril
Cea Baile na Casa Benjamín Vilachán





Troula audio 
Bo ambiente e música a cargo de TROULA AUDIO co noso DJ JONATHAN
A cea foi moi animada, con moita música e xente con ganas de pasalo ben.



Monólogos de Humor en Rois

Venres 10 de abril
O concello de Rois dinamiza a hostalaría

Troula-Audio estivo presente en Casa Benjamín Vilachán o pasado venres dando son ao evento do monologista Fredi Cruxer.

Fredi Cruxer deuse a coñecer da man de JRGayoso no programa LUAR da TVG. Tamén realizou numerosas colaboracións desinteresadas e altruístas en varias e distintas ocasións con asociacións e organizacións benéficas.


Fredi Cruxer recolle anacos da vida, súa e de calquera persoa, convérteos en MONÓLOGOS e dálle o seu particular toque irónico e de humor para que a xente lle poña un sorriso aos problemas e á propia vida.





Fredi Cruxer di: Por favor...! Sorrí sempre aínda que o teu sorriso sexa triste, porque máis triste que un sorriso triste é a tristura de non saber sorrir.


E ademáis...sesión de KARAOKE con TROULA-AUDIO



venres, 6 de marzo de 2015

1ª Quedada moteira

Amig@s

O próximo domingo día 8 de marzo estaremos en Vilachán onde se celebrará a primeira quedada moteira.


Ídesvolo perder?


sábado, 21 de febreiro de 2015

venres, 20 de febreiro de 2015

San Xoan de Calo

Mañá estaremos en Calo na Festa de ENTROIDO 2015
Esperámosvos...