O concello de Rois dinamiza a hostalaría
Troula-Audio estivo presente en Casa Benjamín Vilachán o pasado venres dando son ao evento do monologista Fredi Cruxer.
Fredi Cruxer deuse a coñecer da man de J. R. Gayoso no programa LUAR da TVG. Tamén realizou numerosas colaboracións desinteresadas e altruístas en varias e distintas ocasións con asociacións e organizacións benéficas.
Fredi Cruxer recolle anacos da vida, súa e de calquera persoa, convérteos en MONÓLOGOS e dálle o seu particular toque irónico e de humor para que a xente lle poña un sorriso aos problemas e á propia vida.
Fredi Cruxer di: Por favor...! Sorrí sempre aínda que o teu sorriso sexa triste, porque máis triste que un sorriso triste é a tristura de non saber sorrir.
E ademáis...sesión de KARAOKE con TROULA-AUDIO