xoves, 7 de setembro de 2017

Romaría do Carmelo de Ameneiro


Ola amigosTemos un fin de semana moi Trouleiro. O venres día 8 estaremos en Teo con motivo da Romaría do Carmelo de Ameneiro compartindo cartel coa orquestra TELEVISION e o sábado 9 amenizaremos a verbena en Servia.
Deixámosvos os carteis...

¡¡¡Non faltedes!!!
 ¡¡¡Esperámosvos!!!

mércores, 6 de setembro de 2017

Moraña 2017

Ola amigos
Deixámosvos unha pequena mostra do que foi o noso paso pola III Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña



Podedes ver máis fotos na nosa Galería de Imaxes ou dándolle a esta ligazón: Ver Fotos

                                                       

luns, 28 de agosto de 2017

III Xuntanza Motera OS KEIMAOS!!!

Ola, ola....amigos
Este finde tedes festa en Moraña (Pontevedra). Os nosos amigos da Peña Motera Os Keimaos convídanvos a sua Xuntanxa que será os días 1, 2 y 3 de Septiembre e nós estaremos a amenizar o evento.

Se estades interesados tedes máis información aquí:
Ver Máis

Estades convidados...non faltedes!!!





xoves, 20 de xullo de 2017

Festas de Taragoña 2017

Amig@s:
Vide todos a desfrutar do verán coas Festas de Taragoña.
Mirade o cartel. Nós estaremos na noite do sábado día 22. Non podedes quedar na casa.
Xa o sabedes... anotade na vosa axenda que toca pasar por Campo Maneiro para bailar e pasalo ben.

martes, 11 de xullo de 2017

Festa do Carme 2017

Ami@s:
Este fin de semana celébranse as festas con máis tradición mariñeira, as Festas do Carme.
A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
E nos estaremos en Cabo da Cruz o sábado 15 e o domingo 16 compartindo cartel coas oquestras Los Satélites e o Grupo Alkar.
Non faltedes!!!
E ti ...vas vir?

mércores, 21 de xuño de 2017

San Xoán de Calo en Teo

Ola festeiros:

Este fin de semana comezan as celebracións dos festexos na honra de San Xoán cunha gran sardiñada que terá lugar ás 22.30 horas e na que se poderán degustar sardiñas acompañadas de viño. Ás 00.00 horas comezará a cacharela de San Xoán e a queima da cabra vella.
Ás 00.15 horas dará inicio a actuación de Festicultores e a continuación a animación musical proseguirá coa nosa discoteca móbil Troula Audio.

E o luns pola noite, a partir das 23.00 horas, a Orquestra Jerusalén e a discoteca móbil TROULA deleitarán coa súa música aos asistentes á verbena fin de festa.
 
Mirade o cartel
 Veña...animarvos e vide pasalo ben!!!
 

xoves, 15 de xuño de 2017

V Nocturna Correndo por Vigo

V Nocturna Correndo por Vigo
Carreiras hai moitas...experiencias como a NOCTURNA DE VIGO, poucas
¡¡¡Graciñas por contar connosco un ano máis!!!

Compartimos con todos vós as fotos dos nosos amigos e grandes profesionais Difusion ProSport e felicitámolos polo seu bo traballo.



 Alfonso Misterrrombo o Dj. de Tarragona

 ¡¡¡Noraboa a tod@s!!!