luns, 30 de maio de 2016

Concentración Moteira

Ola amigos:
Os días 3,4 e 5 de Xuño de 2016 TROULA AUDIO  estará en Valenzá, concello de Barbadás (Ourense) na concentración moteira organizada polo Motoclub Los Julios
 
Aquí tedes o programa. Convidámosvos a pasalo en grande coa mellor xente Moteira...


¡¡¡Esperámosvos a todos!!!

E grazas ao motoclub Los Julios por contar connosco 

xoves, 26 de maio de 2016

Cea-Baile a favor dos nenos refuxiados Saharauis

Este sábado, día 28 de maio estaremos na Casa Benjamín (Vilachán) apoiando unha boa causa
¡¡¡Esperámosvos a todos!!!

xoves, 28 de abril de 2016

Nova tempada

Ola amigos:
Pasaron uns meses dende que despedimos a tempada do 2015 coa Xuntanza Moteira en Moaña.

Despois dun longo inverno renovando ilusións, esperanzas e ambicións por unha tempada que está a piques de comezar, TROULA AUDIO ten un obxectivo claro:


¡¡¡OFRECERVOS O MELLOR!!!

Estamos motivados e con enerxía para arrincar a nova tempada coa renovación total do escenario, iluminación e son.


¡¡¡Confía no noso equipo!!!

martes, 29 de setembro de 2015

Gran noite en Moaña

Dá gusto ver ao noso DJ Jonathan gozando cos moteiros
Mirade o vídeo



E ¡Moitas grazas! polo trato que nos deu a organización.
Portáronse moi ben connosco

sábado, 26 de setembro de 2015

Moaña recupera a súa esencia moteira

Hoxe acolle unha "xuntanza" na que se esperan 800 motoristas de toda Galicia.
De madrugada a festa prolongarase coa música do rapero Leö KCh e cos ritmos electrónicos do noso Dj Jonathan
E ti,... vas vir?

Nestes momentos, ás 17:30 temos todo listo para que empece a festa...

Os moteiros van chegando...



venres, 4 de setembro de 2015

Concentración Moteira en Moraña

Sábado 5 de Setembro
Comeza a primeira edición da Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña e TROULA AUDIO será a encargada de amenizar a festa.

Esperamos que o disfrutedes!!!






venres, 7 de agosto de 2015

Festa en Ribasar

O pasado 17 de xullo estivemos en Ribasar compartindo cartel coa xente de Son de SwinUn verdadeiro pracer para nós.

Unha pequena mostra do que foi a festa




Por certo, moi ben polo noso DJ. Johny.  Grazas por brindarnos cada sesión realizada con todo o cariño e a ilusión para facernos bailar e gozar.
Johny...GRANDEEEEE!! Ese DJ!!