mércores, 8 de xuño de 2016

Estreamos equipo

¡Ola amigos!: 
Aquí deixámosvos unha pequeña mostra dos nosos cambios para esta tempada.
Esceario 2016
Dj Jonhi
Speaker Barbara
Troula de noite

¡¡¡Esperámosvos!!!





luns, 30 de maio de 2016

Concentración Moteira

Ola amigos:
Os días 3,4 e 5 de Xuño de 2016 TROULA AUDIO  estará en Valenzá, concello de Barbadás (Ourense) na concentración moteira organizada polo Motoclub Los Julios
 
Aquí tedes o programa. Convidámosvos a pasalo en grande coa mellor xente Moteira...


¡¡¡Esperámosvos a todos!!!

E grazas ao motoclub Los Julios por contar connosco 

xoves, 26 de maio de 2016

Cea-Baile a favor dos nenos refuxiados Saharauis

Este sábado, día 28 de maio estaremos na Casa Benjamín (Vilachán) apoiando unha boa causa
¡¡¡Esperámosvos a todos!!!

xoves, 28 de abril de 2016

Nova tempada

Ola amigos:
Pasaron uns meses dende que despedimos a tempada do 2015 coa Xuntanza Moteira en Moaña.

Despois dun longo inverno renovando ilusións, esperanzas e ambicións por unha tempada que está a piques de comezar, TROULA AUDIO ten un obxectivo claro:


¡¡¡OFRECERVOS O MELLOR!!!

Estamos motivados e con enerxía para arrincar a nova tempada coa renovación total do escenario, iluminación e son.


¡¡¡Confía no noso equipo!!!

martes, 29 de setembro de 2015

Gran noite en Moaña

Dá gusto ver ao noso DJ Jonathan gozando cos moteiros
Mirade o vídeo



E ¡Moitas grazas! polo trato que nos deu a organización.
Portáronse moi ben connosco

sábado, 26 de setembro de 2015

Moaña recupera a súa esencia moteira

Hoxe acolle unha "xuntanza" na que se esperan 800 motoristas de toda Galicia.
De madrugada a festa prolongarase coa música do rapero Leö KCh e cos ritmos electrónicos do noso Dj Jonathan
E ti,... vas vir?

Nestes momentos, ás 17:30 temos todo listo para que empece a festa...

Os moteiros van chegando...



venres, 4 de setembro de 2015

Concentración Moteira en Moraña

Sábado 5 de Setembro
Comeza a primeira edición da Xuntanza Moteira Os Keimaos en Moraña e TROULA AUDIO será a encargada de amenizar a festa.

Esperamos que o disfrutedes!!!